FoundryVTT é unha plataforma para xogar online a rol. A posibilidade de ter taboeiros virtuáis e lanzador de dados faino unha opción empregada e en auxe para disfrutar da nosa afición a través de Internet. Nesta entrada os presento unha nova sobre esta plataforma que pode ser de interés para os roleros galegofalantes.

Gracias a Xurxo temos por fin a posibilidade de usar FoundryVTT en galego. Comparto a súa conta onde informaranos a medida que o seu proxecto de tradución avance, aínda que él coméntame “eu só son o primeiro tolo en comezalo, pero non é que sexa un proxecto que queira levar de forma persoal nin nada”.

Tamén engade “Nos vindeiros días irei engadíndolle tamén traducións para outros sistemas e módulos”. Se alguén quere botarlle unha man, que non se corte nin un pelo.

Como eu non gasto de FoundryVTT, fíxenlle unhas preguntas a Xurxo sobre cómo acceder a esta tradución e empregala: “no panel de administración de foundry podes procurar e instalar automáticamente tres tipos de paquetes: mundos (partidas xa configuradas), sistemas (d&d, etc) e módulos (plugins que engaden funcionalidade nova, ou traducións). Este paquete é un módulo que se pode instalar desde hoxe xa a través de interfaz (pois pasou o proceso de aprobación)”.

Aproveito para darlle as gracias a Xurxo polo seu traballo e deséxolle o mellor e que o proxecto crezca tanto en cantidade de traducións como en cantidade de manos colaborando.

Categorías: Rol en galego

1 comentario

Xurxo · 20 Novembro, 2020 ás 1:04 p.m.

Obrigadísimo pola mención! Calquera que teña interese no proxecto pode facer contributos directamente en http://github.com/xurxodiz/foundryvtt-gl ou falar comigo en Twitter (@xurxodiz) ou Discord (xurxodiz#5885).

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario