Son Mariola Juncal. A xente aficionada ós xogos de rol coñéceme como Nebilim. Encántame escribir sobre o meu pasatempo favorito polo que animeime a escribir nun novo blog, porque á diferenza dos demais proxectos nos que colaboro ou colaborei (Bastión Rolero, Nación Rolera e Cóctel de Rol) esta vez as miñas palabras serán en galego.

Podedes encontrarme facilmente na rede. En Twitter son @NebilimKH e estou no grupo de xogo Ludorussafa, dirixindo partidas coma nunca. Se queredes máis información sobre min ou dos xogos que menciono, podedes deixar libremente comentarios neste espazo rolero. Sede educados, fago esto gratis!

Son una persoa creativa, polo que non só escribo en blogs coma este senón que escribo as miñas propias aventuras e mundos. Podedes ver una mostra do meu traballo no meu website “Nebilim hace rol“. Ademáis son a media mitade do grupo creativo Crisis Creativa e publicamos fanzines con material de xogo en Lektu. Teño un firme compromiso para compartir todo o que fago de maneira gratuita. Non son profesional e creo que é moi importante aportar alternativas para todos os petos; os xogos comerciais están ben cando tes a tenda a un tiro de pedra ou cando tes cartos para adquirilos, mentras todos nós podemos aproveitar moitísimo contido que moitos creativas coma mín deixamos altruistamente na rede.

Eu mesma os animo a que fagades o voso propio espazo en Fala.gal (se queredes escribir en galego) ou en calqueira outro medio gratuito (wordpress, blogger). Compartir unha afición tan bonita e crear comunidades é algo máxico, inimaxinable fai vinte ou trinta anos. Empreguemos todo o que temos o noso alcance para que os xogos de rol non teñan barreiras de ninguna clase, ne tan sequera barreiras lingüísticas.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario